Villares cambia En Marea polo grupo mixto

O voceiro no Parlamento Galego de En Marea, Luís Villares, vén de anunciar a súa separación da formación e o cambio ao grupo mixto polas “desavinzas” co resto de parlamentarios. Xunto a él, abandonan En Marea outros tres deputados, Paula Vázquez Verao, Pancho Casal e Davide Rodríguez.

A crise interna do partido agravouse nos últimos tempos coa elección do senador por designación autonómica que correspondía á agrupación de Villares como segunda forza no Parlamento de Galicia.

Villares, xunto ao resto de parlamentarios que abandonan a formación asamblearia, asegurou que a marcha está motivada porque o grupo do que era portavoz “non representa a En Marea, senón a Podemos”; denuncia coa que continuou cargando contra a agrupación morada e o seu líder nacional, Pablo Iglesias, ao que acusa de “intentar facerse co control de En Marea” para poder “fundar un proxecto alternativo”.

Esta ruptura podería facer que o Grupo Parlamentario perda a posibilidade de presentar ao seu senador ao deixar de ser a primeira forza da oposición, aínda que a Cámara galega “non se adiantará aos acontecementos”. Así as cousas, Villares confía en que o traballo desde o grupo mixto sirva para relanzar un “proxecto renovado que recupera a ilusión perdida polas pelexas internas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com