Volve a estabilidade ao número de casos covid na provincia de Lugo

Lugo continúa estable malia as previsións de suba de casos. Logo a suba rexistrada na xornada do mércores, onte volvía de novo o descenso de infeccións activas e todo, grazas as altas porque o número de contaxios continúa a superar a decena diaria. 

Así o revela o último informe do SERGAS con datos recompilados ata as 6 da tarde de onte e no que se cifra en 175 os casos activos, 2 menos que na xornada anterior pero os mesmos que o martes. 

En canto ao ritmo de contaxios, malia que se frea lixeiramente, o certo é que continúan a detectarse numerosos positivos, fronte aos 7 que se detectaban a principios da semana, nas últimas horas o SERGAS confirmaba 14 persoas infectadas por coronavirus, eso sí, aínda que se trata dunha cifra alta en comparanza coas dos últimos días, o certo é que baixou en tres puntos con respecto á xornada do mércores. 

Estabilidade, eso si, no HULA que continúa con 3 persoas ingresadas, 2 delas en planta de hospitalización e a outra na UCI. O resto de hospitais da provincia continúan unha xornada máis libres de covid.

E dende o inicio da pandemia, Lugo rexistrou 12.685 altas médicas de persoas diagnosticadas con covid, 15 delas nas últimas horas. 

Restriccións

E precisamente esta baixada de casos na provincia, que se vén dando nas últimas semanas, propiciaron que o Comité Clínico alivie o nivel de restriccións en Viveiro e Xove, últimos concellos da provincia que permanecían en nivel medio e que, a partir de mañá, pasarán a formar parte da lista dos concellos en nivel baixo de limitacións, no que xa se atopa o resto da provincia.

Vacinación

E con respecto á vacinación, Galicia pecha a semana con preto do 44% da poboación de entre 40 e 49 anos de idade con a lo menos unha dose recibida. En total, no conxunto da comunidade, o 61,87% da poboación conta xa cunha dose da vacina, mentres que o 41,04 por cento dos galegos xa teñen a pauta completa.

Máscaras

Boas novas, hoxe que ademáis, contan cunha medida de alivio importante no conxunto do Estado. E é que hai escasos minutos o Presidente do Goberno, Pedro Sanchez confirmaba o principio do fin das máscaras. O dirixente estatal anunciou que no Consello de Ministros extraordinario da vindeira semana se decidirá deixar sen efecto a obrigatoriedade do uso da máscara en espazos ao aire libre sempre se que se manteñan as distancias de seguridade dende o vindeiro sábado, 26 de xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com