A xestión do PSOE o concello na contratación municipal, un “área de risco”

O voceiro do grupo Popular no Concello de Lugo desvelou esta mañá que o informe do Consello de Contas acredita que a xestión no Concello de Lugo emperorou dende que Lara Méndez é alcaldesa destacando “o incumprimento reiterado das recomendacións que presenta este informe de fiscalización anual da conta xeral de Lugo correspondente aos exercicios 2014/2015”.

Antonio Ameijide incidiu en que as cifras son claras e “reveladoras” salientando como en 2014 o seu antecesor, o socialista Orozco pagou con reparos de intervención 9.855.407,75. Tres anos despois, duplicouse tanto o importe como o número de decretos asinados por Lara Méndez que asinou en 2017 un total de 28 decretos por un importe de 20.562.861,19.

O voceiro popular indicou que “esta é unha máis das probas que evidencian a nefasta xestión económica da alcaldesa socialista que lonxe de remontar a deteriorada situación da xestión económica a súa administración segue caendo en picado” explicou o popular. No propio informe de fiscalización do Consello de Contas de Galicia se dictamina que a contratación en Lugo configúrase como “área de risco na xestión da entidade”. Ameijide dixo que “de non cambiar de actitude e modificar esta tendencia, nos próximos informes deste órgano autonómico, nos arriscamos a que Lugo sexa declarada zona catastrófica en materia de xestión económica”.

O voceiro popular afirma que o informe do Consello de Contas é demoledor e que “dá un forte tirón de orellas aos socialistas a conta dos reparos de legalidade” recriminando “a realización de gastos prescindindo do procedemento legal facendo fincapé en dous motivos: as infraccións na licitación e preparación dos expedientes así como as irregularidades na execución do contrato”.

O voceiro popular asegura que segundo este informe o Concello de Lugo puido incurrir “en infraccións graves ou moi graves pola realización de gastos con omisión de fiscalización previa nos exercicios 2014 e 2015 tal e como se recolle nos artigos 28 e 29 da Lei 19/2013 da transparencia e bo goberno” e se advirte “das responsabilidades patrimoniais e penitenciarias nas que poden recaer”.

“Estos erros ou defectos de xestión en  materia económica nada teñen  que ver coa falta de personal, a cantinela que sempre utilizan para escudarse e ocultar a súa irresponsabilidade” explicou Ameijide. “En vez de velar polo cumprimento da legalidade os sucesivos gobernos socialistas prefiren saltala” reflexionou o voceiro popular quen advertía que “o pretexto de que a culpa é de Montoro non lles sirve arestora”.

O popular rematou pedíndolle aos socialistas que cumpran as recomendacións do informe relativas “a convocar a licitación dos contratos con antelación, para que cando venzan os anteriores xa teñan un novo adxudicatario” insistindo en que “xa llo dixemos dende o Partido Popular en diferentes ocasións, e mesmo hai iniciativas de pleno como a aprobada o 29 de outubro de 2015 relativa á licitación de todos os servizos que se prestan por parte de empresas sen contrato no Concello”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo