XIII Limpeza simultanea de ríos do “Proxecto Ríos”

O vindeiro domingo 27 de setembro pola mañá ADEGA Lugo coordinará, dentro do Proxecto Ríos, a XIII Limpeza simultánea de ríos na cidade de Lugo, as accións levaranse a cabo en diferentes treitos dos ríos  Rato e Miño. O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A XIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 49 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 60 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). A limpeza mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 49 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

Para participar é preciso inscribirse antes do venres 25 ás 15h chamando ao 982.240299 ou ben escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando o nome, apelidos, DI, e teléfono de contacto. As persoas voluntarias serán agasalladas cunhas máscaras co lema da limpeza. Todas as actividades contemplarán as indicacións pertinentes relacionadas coa situación de pandemia orixinada pola COVID-19.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com