O vindeiro día 3 de agosto a partir das 18.30 horas na Casa da Cultura de Becerreá, terá lugar o XIV Festival dos Ancares que organiza o cantautor galego afincado en Barcelona, Alfredo González Vilela.
O evento comezará cunha charla de sobre a Vía Küning que baixo o título Camiños a Compostela e Vía Küning impartirá o especialista neste ruta xacobea, Javier Gómez Vila.
De seguido os gaiteiros :Manolo León, Manuel Santín e José Mosteirín, xunto cos acordeonistas Suso de Espín e Eduardo Vilor e os percusionistas Eduardo León Manuel López interpretarán pezas dos seus respectivos repertorios. O festival rematará coa actuación do propio Alfredo González Vilela, que presentara o seu novo disco, titulado xenericamente Camiños a Compostela. A presentación do acto correrá a cargo de Sara Fernández.
O festival conta coa colaboración de: Concello de Becerreá, Vía Küning e a asociación Rente ao Couce. A entrada será libre ata completar aforo.