Xulio Xiz Xulio Xiz

Xulio Xiz será agasallado o vindeiro domingo en Vilalba

O xornalista, escritor e activista cultural, Xulio Xiz, que  colabora  neste xornal, recibirá o vindeiro domingo na súa vila natal, Vilalba, unha merecida homenaxe por toda unha vida dedicada ao xornalismo e a cultura.

Xiz comezou a súa andaina xornalística en Radio Popular de Lugo, colaborando ademais en diferentes medios escritos galegos, nomeadamente en El Ideal Gallego, do que foi correspondente para Lugo. No eido audiovisual destaca tamén o seu paso pola Radio Galega e pola Televisión de Galicia e foi o fundador, xunto con Carlos Rodríguez, da primeira televisión local de Lugo.

A homenaxe é unha iniciativa dos veciños do barrio de Porta de Cima, que contaron co apoio de institucións, así como a morea de amigos cos que conta Xulio Xiz.

Os actos comezarán ás doce do mediodía no auditorio de Vilalba, onde intervirán diferentes persoeiros da cultura do noso país. Ao remate deste acto, os convidados, xunto co homenaxeado, trasladaranse ás ribeiras do río Magdalena para continuar no lugar denominado “O paseo dos soños” cos actos na honra do xornalista e escritor chairego. A carón do muiño do Rañego quedará instalada unha figura que indicará que os cen metros seguintes están dedicados a Xulio Xiz Ramil, como xa sucedeu con outros destacados persoeiros da Terra Chá.

Para rematar todos os participantes trasladaranse a un coñecido restaurante chairego para arredor dunha mesa con viandas da terra finalizar esta merecida homenaxe a un dos chairegos máis coñecidos e recoñecidos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com