" />

A Xunta apoiará as reformas, alugueiro e presenza en internet de PEMES

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro explicou que o Goberno galego vén de poñer en marcha un novo plan de axudas para o sector do comercio que, entre outras iniciativas, permitirá apoiar as obras de reforma dos locais, os gastos de alugueiro de novos establecementos e a presenza na rede internet.

Balseiro indicou que para o desenvolvemento deste plan a Xunta de Galicia destina dous millóns de euros e a el poden acceder todo tipo de persoas físicas ou xurídicas coa única condición de que sexan comerciantes retallistas, desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e empreguen a menos de 50 traballadores.

A axuda está conformada de tal xeito que só busca favorecer o pequeno comercio e as PEMES xa que logo non poden acceder nin os grandes establecementos comerciais nin aquelas empresas que teñan máis de 150 metros de superficie de exposición e venda, salvo que operen en algún ámbito como pode ser a venda de mobles, que si poderían superar esa superficie.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo