A Xunta colabora con asociacións veciñais de Cervantes na mellora de camiños

A Xunta de Galicia apoiou con máis de 21.000 euros as iniciativas de mellora de camiños rurais promovidas polas asociacións veciñais de San Felipe de Balgos e Río Móvese, radicadas no termo municipal de Cervantes, na Montaña lucense.

Máis en concreto, as achegas permitiron o ensanche e acondicionamento de sendas vías que serven para a comunicación interior destas parroquias. Foron os propios colectivos veciñais os que fixeron a proposta que se beneficiou da liña de axudas que cada ano convoca a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, con este fin.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou o resultado destes traballos nunha visita á localidade na que tamén aproveitou para participar da segunda edición da Festa da Cata do Viño da Casa, unha iniciativa promovida tamén por un conxunto de veciños na que se celebra e enxalzan os caldos vendimados para consumo propio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com