A Xunta convoca axudas en materia de vivenda destinadas a evitar situacións de emerxencia e exclusión social

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, deu conta hoxe das diferentes liñas de axuda en materia de vivenda que o Goberno galego pon a disposición de familias e colectivos en situación de vulnerabilidade coa finalidade de “posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social e tamén de evitar situacións de grave emerxencia”.

Arias explicou que entre estas subvencións “atópanse as axudas de inclusión social, destinadas a sufragar gastos extraordinarios e urxentes dirixidos a persoas e familias en risco”. Trátase dun apoio económico para o pagamento de débedas de alugamento e para impedir a perda de subministracións básicas ou o desafiuzamento, e que teñen unha contía máxima de 1.331,28 euros.

Tamén se contemplan axudas destinadas a mellorar a habitabilidade e accesibilidade dos fogares, nas que a achega máxima será de 5.325,10 euros, ou para dotalos dun equipamento mobiliario básico, subvencionándose ata un máximo de 1.065,02 euros neste

Asemade a delegada sinalou que “xa está aberto o prazo de solicitude de subvencións de pago da factura eléctrica convocadas polo Inega e que, por primeira vez, se publicou unha orde dirixida a evitar o corte da subministración de electricidade”. A axuda para o pago da factura eléctrica subvenciona as facturas comprendidas entre xullo de 2015 e xuño de 2016 cun importe de 180 euros e no suposto de familia numerosa, de 300 “A maiores”, engadiu Raquel Arias, “a Xunta ofrece unha axuda social de carácter extraordinario, por importe anual de 206 euros, destinada a persoas que perciben pensións de xubilación e invalidez non contributivas, ás que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos e ás que perciben o fondo de asistencia social”.

A delegada anunciou tamén que nas vindeiras datas o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) convocará axudas destinadas a mellorar as condicións de edificacións e superar as situacións de infravivenda no ámbito rural.

Tamén fixo referencia ás axudas que a Xunta ofrece de maneira periódica a persoas e familias pertencentes a colectivos en situación de risco de exclusión social. Neste grupo, sinalou que “atópanse os complementos de alugamento para os perceptores da renda de inclusión social de Galicia (RISGA)”.

A delegada concluíu que para a Xunta “as accións destinadas a que as persoas teñan unha vivenda digna e a que as familias atopen nas administracións apoio aos seus problemas conforman un dos elementos máis salientables das políticas sociais, e é precisamente niso no que o Goberno galego se está a centrar”.

O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto en todos os casos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com