" />

A Xunta distribúe 20 millóns de euros entre os Concellos da provincia de Lugo

O executivo autonómico da Xunta de Galicia distribúe na provincia de Lugo un total de máis de 20 millóns de euros dos que dispón no seu Fondo de Cooperación Local para adicar aos Concellos. Así o anunciou o delegado territorial, José Manuel Balseiro, quen denunciou que a Deputación provincial reclame máis inversión á Xunta comparándo os investimentos autonómicos cos do Plan Único do ente provincial cando, segundo afirmou o delegado, só a Consellería de Medio Rural inviste máis na provincia da cantidade que Concello de Lugo e Deputación teñen nos seus orzamentos. 

Este programa de axudas chega a todos os municipios e cuxa distribución atende a criterios obxectivos pactados coa
Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e baseados principalmente nos datos de poboación. Balseiro engadiu que a Xunta incrementou este ano a dotación do Fondo de Cooperación en máis dun 3%.

O delegado insistiu en que este fondo non está condicionado nin vinculado á execución dunha obra ou servizo concreto como ocorre co Plan Único, o que significa que “os concellos poden investilo no que estimen máis axeitado para os intereses dos seus veciños”.

“Son recursos -afirmou Balseiro- que buscan contribuír a que os concellos poidan continuar prestando os debidos servizos á cidadanía, mellorando as condicións de vida que satisfagan as necesidades dos seus veciños e o fagan sen necesidade de ampliar a carga impositiva que soporta a veciñanza”.

O delegado subliñou que “se hai un goberno que traballa por todos os veciños da provincia por igual, que se esforza por satisfacer as necesidades de todos os lucenses, vivan onde vivan, e con independencia da cor política do seu alcalde, este é o da Xunta”. Neste sentido, Balseiro destacou que o Fondo de Cooperación “acredita xa unha longa traxectoria dando soporte ás arcas municipais” e afirmou que “existen diferencias evidentes co Plan Único da Deputación, entre elas o pleno respecto á autonomía municipal dado que o Fondo non establece ningún tipo de condición ao municipio con respecto ao destino do investimento”.

 

Lugo terá novo auditorio

Aproveitando a comparecencia, Balseiro asegurou que a Xunta destinará 3,5 millóns de euros para equipar o novo auditorio da cidade de Lugo. O comezo das obras no interior do edificio darán comezo, previsiblemente, no primeiro trimestre do vindeiro ano, 2018, pero Balseiro conta asinar o correspondente convenio co concello de Lugo, nas vindeiras semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo