" />

Xunta e Concello acordan a renovación do antiguo pavillón da OJE

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na Escola Galega de Administración Pública.

Secretario xeral e rexedora abordaron os principais temas deportivos do concello lucense e repasaron a actualidade dos equipos da cidade, así como a situación do tecido deportivo lugués con respecto á pandemia xerada polo Covid-19. Do mesmo xeito, ambos mandatarios comezaron a planificar novas actuacións de cara ao futuro para mellorar a realidade deportiva da cidade de Lugo.

Entre estas actuacións, a alcaldesa lucense presentou un proxecto para levar a cabo un polideportivo polivalente para a práctica deportiva e competicións de fútbol sala, baloncesto, balonmán, minibasket, voleibol, bádminton, ximnasia rítmica e outros deportes de interior que seguirá os principios de eficiencia, sustentabilidade e innovación e que terá un sistema de bancada retráctil acompañado de dúas bancadas laterais fixas para albergar ata 1.000 espectadores. A Xunta de Galicia xa traballa na súa adhesión ao proxecto.

Neste senso, Lete Lasa e Lara Méndez estudaron as posibles solucións para a rehabilitación do pavillón da OJE (Organización Juvenil Española), do que a Xunta é cotitular, para o seu acondicionamento e uso deportivo. Segundo o secretario xeral, “é importante reactivar o funcionamento dunha instalación deportiva de primeiro nivel situada no corazón do casco vello para adecuala ás necesidades dos cidadáns e ofrecer un espazo optimizado para os clubs da capital”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo