" />

A Xunta inviste máis de 540.000 euros en políticas de igualdade na provincia

A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, ofreceron esta mañá unha rolda de prensa para dar a coñecer as axudas e subvencións que os concellos lucenses recibirán para promoción da igualdade.

Máis en particular explicaron que o Goberno galego destina aos distintos eixes de actuación na nosa provincia un total de 539.930,75 euros, distribuídos entre o programa de fomento da conciliación e os apoios aos centros de información a mulleres –os CIMs-

Con estas axudas a Secretaría Xeral da Igualdade pretende por en valor o papel relevante das entidades locais na difusión do valor da igualdade e transmitir a colaboración existente neste importantísimo eido entre a Administración autonómica e a Administración local.

De feito López Abella indicou que “non é casualidade que sexan os concellos os que centran estes apoios autonómicos porque ao tratarse das administracións máis próximas á cidadanía, son tamén as mellores coñecedoras da situación das súas veciñas e veciños e poden desenvolver dun xeito máis eficaz as distintas políticas de igualdade”.

Trinta e cinco municipios beneficiados e once CIMs

No que respecta ao programa de apoio aos centros de información a muller serán trinta e cinco os municipios lucenses beneficiarios das axudas da Xunta que lles permitirán reforzar as funcións que executan os once CIMs existentes, así como consolidar os postos e o perfil profesional das persoas que prestan servizos neles.

A este fin a Xunta destina 474.433,75 euros, outorgando maior intensidade a aqueles concellos que colaboran entre si a través do sistema de xestión compartida. De feito, a xestión conxunta permite atender a máis territorios e a máis potenciais usuarias.

Nove concellos promoverán programas de fomento da conciliación

Por último, no que respecta á liña de axudas para programas de fomento da conciliación esta engloba as medidas que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras, como por exemplo os bancos de tempo.

Na provincia lucense, que “é a galega que máis recibe neste concepto, serán nove os concellos beneficiarios, por un importe total de 65.497 euros”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo