A Xunta ofrece na provincia de Lugo máis de 349.000 metros cadrados de solo industrial bonificado ata o 50%

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ofrece máis de 349.000 metros cadrados de solo industrial cunha bonificación de ata o 50% en trece polígonos industriais da provincia de Lugo. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, informou hoxe de que quedan 138 parcelas dispoñibles nos parques de Barreiros, Bóveda, Cuiña (Cervo), Foz, As Gándaras (Lugo), Guitiriz, Cospeito (Muimenta), Monforte de Lemos, Monterroso, Palas de Rei, Lourenzá, Xermade e Viveiro.

Balseiro afirmou que a Xunta está a apoiar ao tecido empresarial da provincia ofrecendo solo urbanizado, dotado dos servizos necesarios e ben comunicado, nas mellores condicións do mercado, grazas á aplicación de bonificacións de ata o 50 % no prezo de venda do solo empresarial. Deste xeito, engadiu o delegado, “as empresas poden concentrar os seus investimentos iniciais na construción e dotación das instalacións”.

Esta medida de axuda posibilitou que, entre 2015 e 2016, se adxudicaran máis de 300.000 metros cadrados de solo empresarial para o desenvolvemento de proxectos en 146 parcelas. Na mesma liña, Balseiro explicou que o Goberno autonómico tamén está a ofrecer a posibilidade de adxudicación de solo empresarial en dereito de superficie. Esta opción está destinada a iniciativas que sexan declaradas proxectos empresariais singulares, que precisan unha ampla superficie para instalarse e requiren grandes investimentos.

Esta opción supón que os interesados só paguen un canon simbólico anual, coa posibilidade de adquirir o solo nos 10 primeiros anos da adxudicación, descontando do prezo o 40 % do pagado en concepto de canon, o que supón un alugueiro simbólico con dereito de compra.

Polo que respecta en concreto aos polígonos empresariais que ofertan solo bonificado, a maior superficie atópase nas Gándaras, en Lugo, onde hai dispoñibles 22 parcelas que suman 142.721 metros cadrados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com