Xuntanza de Darío Campos con alcaldes e cargos socialistas sobre os orzamentos

O Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de A Pontenova, Darío Campos Conde, mantivo unha xornada de traballo, o sábado día 2, con Alcaldes e cargos socialistas da provincia de Lugo, para presentar os orzamentos do ente provincial. Alí lamentou a actitude amosada polo PP neste asunto “agora os 12 deputados do PP recorren a provincia para vender os orzamentos que nin siquiera votaron”.

Campos Conde explicou que os 96,3 millóns de euros ao que ascende o orzamento da Deputación de Lugo “teñen como prioridades tres eixes; emprego, políticas socias e infraestruturas nos 67 Concellos da provincia”. Subliñou ademais que a débeda cero da Deputación de Lugo permite ao Goberno incrementar todas as partidas.

No que se refire á creación de emprego argumentou que a “Deputación de Lugo é o organismo publico que máis inviste na creación de emprego na provincia”, nese senso destacou que o ente provincial destina “preto de 20 millóns de euros en creación de emprego, dos cales 6,5 millóns de euros son para novos plans de emprego dirixidos aos veciños dos 67 Concellos da provincia”

Explicou a mellora das infraestruturas para os 67 Concellos da provincia, cun investimento de case 15 millóns de euros. A rede viaria provincial conta con 7,6 millóns de euros para os 4.200 quilómetros Para o POS 5,7 millóns de euros “triplícase a achega da Deputación para obras municipais con respecto ao ano pasado”. Por iso advertiu que “13 Deputados aprobarán no Pleno duplicala e non triplicala, recortando en 900.000 euros a achega municipal”. E 1,5 millóns de euros para traídas de auga e camiños.

Axudas ao Fogar, Teleasistencia e Residencias

Outra partida importante é a que se refire a políticas sociais para os 67 Concellos, e que ten unha achega de 11,2 millóns de euros. Estas cifras estarán repartidas en 1,5 millóns de euros para as Axudas ao Fogar, así. increméntase en 300.00 euros. E a cifra de 335.380 euros para o servizo de Teleasistencia, o que conleva que terá custo cero para os Concellos .

Campos Conde subliñou que aprobaron unha partida de 4,8 millóns para as residencias e centros de día públicos de Navia de Suarna, Guitiriz, Meira e O Saviñao, e 5 millóns para os centros de maiores de Portomarín, Folgoso do Courel e Becerreá.

Hai outras partidas como 1,6 millóns de euros para o primeiro Centro de Innovación Social en Galicia (INLUGO), Escola de Imaxe e Son e Fundación TIC. 350.000 euros para o Plan en Impulso do Campus de Lugo, 312.000 euros para a UNED, e 152.500 euros para Rof Codina e Relacións Laborais.

Equilibrio con 7 millóns de euros para os 67 concellos

Conde replicou ademais que con este orzamento “conséguese o equilibro con máis de 7 millóns para actuacións nos 67 Concellos, para conseguir o equilibrio e respectar os convenios que deixou aprobados o Goberno de Elena Candia para 17 Concellos exclusivamente gobernados polo PP, entendendo que os prexudicados sempre son os veciños dos mesmos”, insistiu.

O Presidente da Deputación tamén relatou  outra serie de investimentos do organismo provincial como por exemplo 500.000 euros para a posta en marcha do Plan Integral de Turismo,1,5 millóns de euros para medidas de aforro enerxético e de xestión de residuos ,4,2 millóns de euros para actuacións deportivas, 6,6 millóns de euros para actuacións culturais, e por último 1,4 millóns de euros para o impulso da artesanía e o deseño.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com