Xuntanza para abordar a seguridade no Anxo Carro na tempada que agora comeza

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, presidiu esta mañá, na sede da Subdelegación, unha reunión na que se abordaron as medidas xerais en materia de seguridade a adoptar nos partidos do Club Deportivo Lugo durante a presente tempada 2015/2016, que arrincou a pasada.

Na xuntanza tratáronse aspectos relativos á coordinación conxunta dos dispositivos para garantir a seguridade e a orde pública nos partidos que se disputarán ao longo desta tempada no Anxo Carro, dando prioridade ao goce pacífico, festivo e ordenado dos mesmos por parte dos afeccionados. Se ben, as medidas específicas iranse estudando e deseñando progresivamente en función do risco de cada encontro. Afondando na seguridade no Anxo Carro, analizáronse tamén esta mañá os plans de evacuación e as actuacións a levar a cabo en caso de emerxencia.

A esta reunión asistiron ademais do Subdelegado do Goberno, o presidente do CD Lugo, Constantino Saqués, e os coordinadores de seguridade do estadio Anxo Carro, así como representantes da Policía Nacional, da Garda Civil de Tráfico, do Servizo de Emerxencias da Xunta de Galicia, da Policía Autonómica, Policía Local, bombeiros e Protección Civil.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo