‘Xuntos Polo Nadal’ ofrece compañía e actividades a persoas maiores na residencia xuvenil LUG II

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, acompañado do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe a residencia Lug II, que este ano participa por primeira vez no programa autonómico Xuntos polo Nadal que ofrece compañía e actividades a persoas maiores.

Cómpre salientar que a Consellería de Política Social incrementou en 35 prazas o número de prazas nesta iniciativa, que ofrece compañía ás persoas maiores que viven soas. En total, o Goberno galego ofrece 295 prazas de aloxamento, comida e actividades nos centros de Panxón, con 130 usuarios; O Carballiño, con 115; e por primeiro ano, o Lug II da capital lucense, con 50 prazas.

Durante o desenvolvemento de Xuntos polo Nadal, que comezou o luns 23 de decembro e se prolongará ata o 7 de xaneiro, as persoas maiores poden realizar distintas actividades como manualidades, probas de memoria, cine e teatro ou visitas polo entorno. Ademais, tamén teñen tempo para facer exercicio e compartir experiencias e momentos xunto con outros usuarios.

Este programa está dirixido a persoas que superan os 60 anos e que viven soas nos seus domicilios. Na selección dos participantes dáse preferencia aos de máis idade, aos que non participasen en edicións anteriores e aos que teñan menos ingresos. De feito, aquelas persoas con ingresos inferiores ao Iprem (537 euros) asisten de forma gratuíta e aquelas que estean por riba desta contía abonan o prezo simbólico de 50 euros, que ademais da  estadía e manutención inclúe a viaxe desde as súas lugares de orixe á residencia e tamén oregreso unha vez finalizada a estancia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com