" />

Xuventude abre ata o 6 de setembro o prazo de solicitudes do programa “Aprende Xogando”

Este martes abriuse o prazo de solicitudes do programa de conciliación familiar “Aprende Xogando”, organizado pola área de Xuventude, dirixida pola edil Ana Abelleira. Esta iniciativa diríxese a nenas e nenos empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 3 e os 12 anos. O programa levarase a cabo, durante o período lectivo, en horario de tarde, das 16:00 ás 20:30 horas, e nas vacacións escolares tamén en xornada de maña, das 9:00 ás 14:00 horas.

As solicitudes poderanse efectuar ata o vindeiro 6 de setembro de xeito telemático polos/as proxenitores/as dos/das menores, no e-mail aprendexogando@lugo.gal, sinalando nome, apelidos e D.N.I. do/da proxenitor/a, nome, apelidos e data de nacemento da/o menor e aportando  a documentación requerida e anexo normalizado. No prazo de 3 días hábiles seguintes ao da finalización da presentación de solicitudes, publicarase a lista de admitidas/os e de reservas nas dependencias da Casa da Muller.

Debido á situación actual derivada da COVID-19, nesta edición priorizarase o acceso ao programa ás fillas e fillos de nais e/ou pais que traballan, así como a familias monomarentales ou monoparentales, co obxectivo de facilitar a volta ao traballo das persoas con menores ao seu cargo durante o curso escolar 2020/2021. Ademais, o pago do servizo realizarase de forma mensual, ante posibles revisións do programa motivadas pola evolución da situación epidemiolóxica.

Así mesmo, para garantir a saúde de todas as persoas participantes, tomaranse as medidas necesarias para adaptarse ás condicións sanitarias recomendadas en función da normativa vixente en cada momento, moitvo polo cal se poderán ver afectadas as localizacións, aulas, aforos e calquera outro aspecto preciso atendendo sempre ás recomendacións das autoridades sanitarias competentes.

Prazos de matrícula

No primeiro trimestre do curso escolar correspondente ás tardes dos meses de outubro, novembro e decembro o prazo de solicitude terá lugar do 1 ao 6 de setembro. Nos meses de xaneiro, febreiro e marzo e ás mañás das vacacións de Nadal o prazo de solicitude terá lugar do 1 ao 7 de decembro. No terceiro trimestre do curso escolar correspondente ás tardes dos meses de abril, maio e xuño e ás mañás das vacacións de Semana Santa a solicitude terá lugar do 1 ao 6 de marzo. No último trimestre do curso escolar correspondente ás tardes dos meses de xullo, agosto e setembro e ás mañas das vacacións de verán, correspondentes á última semana de xuño, meses de xullo e agosto e primeira semana de setembro o prazo de solicitude terá lugar do 1 ao 6 de xuño. Neste trimestre admítese a solicitude por meses independentes como viña sendo habitual ata agora (en lugar do trimestre completo), co fin de adaptarse ás vacacións estivais das/dos proxenitoras/es e/ou representantes legais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo