Xuventude lanza un concurso de curtas para a mocidade confinada

O certame de curtas para a xuventude de Lugo busca aproveitar a experiencia excepcional do confinamento que vive a sociedade actualmente e ten, polo tanto, como obxectivo, promover, entre os mozos e mozas, a creatividade, imaxinación e novos quefaceres neste período de confinamento ao que a cidadanía nos vimos abocados tras a declaración do Estado de Alarma como medida de loita contra a expansión do COVID-19.

O que se pretende con esta iniciativa é animar á poboación xuvenil e dar opcións para que aproveiten as horas na casa realizando actividades que lles gusten ao tempo que desenvolven dotes artísticas”, explica Ana González Abelleira. A edil, responsable da área de Muller, Igualdade e Xuventude sinala que o certame está aberto a mozas e mozos de 14 a 35 anos empadroados en Lugo, que estuden ou traballen no municipio; existindo tres categorías, unha para rapaces e rapazas de 14 a 18, outra de 18 a 25 anos, e unha última de 26 a 35 anos.

As e os participantes compartirán a súa experiencia, inquietudes e reflexións ao redor da situación actual”, subliñou a concelleira que tamén indicou que serán excluídos aqueles traballos que teñan connotacións sexistas, xenófobas, racistas ou de índole ofensiva.

As curtas, que terán que ser orixinais e inéditas, deberán rodarse no domicilio con calquera dispositivo e non debe superar o minuto de duración. Cada curta deberá ter un título (no caso de non empregar a lingua galega, deberá contar con subtítulos) e presentarase nos seguintes arquivos: MOV, MPEG4, AVI, WMV, MPEGPS, FLV, 3GPP, WebM. Cada persoa participante poderá concorrer cun único traballo por cada modalidade.

Prazo, premios e xurado Os traballos deberán presentarse antes das 21:00 horas do domingo, 10 de maio, e deberán remitirse por enderezo electrónico, en arquivo adxunto, a xuventude@lugo.gal. No arquivo adxunto non deberá figurar ningún tipo de indicación da identidade da persoa autora. Os datos particulares (nome, apelidos, teléfono de contacto, dirección postal, centro no que está matriculado, lugar de traballo) irán no corpo do mail.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com