Xuventude lanza un vídeo onde persoeiros de Lugo animan á mocidade a que actúen con responsabilidade no Nadal

A área de Xuventude do Concello de Lugo, dirixida pola concelleira Ana González Abelleira, lanza un vídeo para difundir en redes un chamamento á mocidade a través da historia dunha rapaza que ten que tomar unha importante decisión…

Un vídeo positivo e emocional, protagonizado pola actriz lucense Beatriz Serén, recoñecida polos seus traballos en televisión no Luar e Adiviña quen vén esta noite, ou nas series El desorden que dejas (Netflix), Pazo de Familia ou Matalobos (TVG).

Conta coa participación de máis de 50 persoas da cidade; e están representados case unha vintena de colectivos, grupos, asociacións e clubes de Lugo como Breogán e o Lugo, así como grupos musicais, representates da sanidade e da Fundación Secretario Gitano, ademais de persoas novas, maiores, familias.  Conta coa colaboración especial do director de cine, Andrés Goteira, gañador de varios Premios Mestre Mateo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a Concelleira de Xuventude, Ana Abelleira, sumáronse tamén a esta mensaxe colectiva para animar á mocidade a que actúen con responsabilidade este Nadal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com