XXXIX Festa da Troita da Pontenova

O Presidente, Darío Campos Conde, acompañado de membros do Goberno Provincial, participou este luns na XXXIX Festa da Troita da Pontenova. O Goberno da Deputación colabora co municipio na celebración desta cita gastronómica a través do Plan Único, do que o Concello decidiu destinar 3.000 euros. O evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego e Interese Turístico Deportivo Nacional, reuniu na fin de semana a milleiros de persoas que gozaron dunha ampla programación, coa degustación de troitas nas casetas, acompañadas con pan e viño, a un prezo de 5 euros. Así mesmo, hoxe tiveron lugar os concursos de pesca (lance, salmón e mosca).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo