Inaugurada a exposición sobre Manuel Rodríguez López en Braga

O xoves 3 de novembro  inaugurouse na Biblioteca Lúcio Craveiro dá Silva, en Braga, a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Neste acto tamén se presentaron a reedición do folleto que presenta os contidos completos da exposición, e a segunda edición da Antoloxía Poética de Manuel Rodríguez López, coordinada por Xesús Alonso Montero e Santiago Rodríguez. Na inauguración participaron Antonio Giz (director de GaliciaDigital), José Manuel Mato (Alcalde de Paradela), Xulio Xiz (amigo de Manolo Rodríguez), Aida Alves (Directora dá Biblioteca Lúcio Craveiro dá Silva), Firmino Marques (Vice-Presidente dá Câmara de Braga), Joao Cardoso (Presidente do Instituto de Letras e Ciências Humanas dá Universidade do Minho) e Fernando Groba (lector do Centro de Estudos Galegos).

A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por Galicia Digital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia a Deputación de Lugo e a Real Academia Galega. A estas entidades únese agora o Consello Regulador dá Denominación de Orixe Ribeira Sacra, como novo co- patrocinador do proxecto. Esta exposición itinerante percorreu xa numerosas cidades e localidades galegas, visitou a Casa de Galicia en Madrid e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca, León ou Vitoria, e no mes de outubro chegou a Portugal, concretamente ao Centro Galego de Lisboa, o que supón un fito moi importante no desenvolvemento e expansión deste proxecto Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo