14 centros lucenses súmanse ao Libro Dixital e 28 amplían a súa implantación

Un total de 14 centros educativos da provincia de Lugo sumaranse o vindeiro curso 2021/22 ao programa de libro dixital E-Dixgal impulsado pola Xunta. Ademais, outros 28 centros lucenses ampliarán a súa implantación, incorporándoo aos cursos de 3º e 4º de ESO, a principal novidade da convocatoria deste ano.

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, salientou que deste xeito o número total de centros integrados no proxecto E-Dixgal na provincia de Lugo elévase a noventa.

Os centros de nova incorporación en Primaria comezarán a traballar co libro dixital o vindeiro curso en 5º e estenderano o seguinte a 6º. No caso dos que se sumen ao proxecto na etapa de Secundaria, comezarán en 1º de ESO e terán o compromiso de ir estendéndoo progresivamente ata completar os catro cursos.

A convocatoria deste ano incluía por primeira vez a posibilidade de ampliar o programa aos cursos de 3º e 4º de ESO (ata o momento está implantado en 5º e 6º de Primaria e en 1º e 2º de ESO). Esta mellora á que se acollen 28 colexios e institutos da provincia de Lugo suporá que por primeira vez o alumnado galego poderá estudar con libro dixital gratuíto durante seis cursos consecutivos.

A ampliación do proxecto E-Dixgal é unha das liñas da Estratexia Galega de Educación Dixital 2030, coa que o Goberno galego vai impulsar a dixitalización do sistema educativo, e que inclúe medidas como a dotación de espazos maker e polos creativos nos centros, ou a implantación da Intelixencia Artificial no currículde todas as etapas educativas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com