lara Mendez alcaldesa de lugo

23 desempregados participan nun curso de formación en xestión cultural, turismo e educación ambiental

A Alcaldesa, Lara Méndez, e a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, mantiveron este xoves un encontro cos 23 desempregados que participan no obradoiro Cultur@Lvcvs, unha iniciativa coa que melloran as súas posibilidades de inserción laboral ao recibir formación especializada en turismo, xestión cultural e educación ambiental. Este novo programa arrancou esta semana e rematará en febreiro.

A rexedora subliñou que a creación de emprego “é a prioridade do noso Goberno”, polo que “traballaremos para poñer en marcha plans coma este, ou iniciativas novas dirixidas a impulsar os sectores estratéxicos do noso municipio.

Durante seis meses, os alumnos-traballadores de Cultur@Lvcvs mellorarán as súas posibilidades de acceder ao mercado laboral recibindo formación especializada na devanditas áreas.

O obradoiro Cultur@Lvcvs imparttirá tres especialidades formativas:

Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, con 8 alumnos, que organizarán un programa cuadrimestral de actividades didácticas e obradoiros para os máis novos na Rede Municipal de Museos, e o soporte de ditas actividades (trípticos, cadernos didácticos e guías de centros).

Interpretación e Educación Ambiental, con 7 alumnos, que, entre outras actuacións, desenvolverán visitas guiadas polas rutas naturais no entorno do Miño e o rural lucense, con especial atención a aquelas relacionadas ao Camiño Primitivo da Santiago.

Promoción Turística Local e Información ao Visitante, con 8 alumnos, que colaborarán nas tarefas de atención e asesoramento dos visitantes e residentes nas súas demandas de información e revisarán a información de interese sobre o entorno local para dar a coñecer o seu potencial turístico.

Ao finalizar o obradoiro, os participantes obterán os certificados profesionais homologados pola Xunta de Galicia para desenvolver estes traballos.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com