" />

4.100 persoas dependentes beneficiáronse o pasado ano de 16,5M€ co SAF

A Consellería de Política Social destinou o ano pasado case 16,5 millóns de euros a financiar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas en situación de dependencia da provincia de Lugo.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que este recurso atendeu a algo máis de 4.100 usuarios da provincia e apuntou que a Administración autonómica subvenciona este servizo nos 67 concellos lugueses, aos que vén de facerlles os pagamentos do cuarto trimestre.

O apoio do Goberno galego permite que as administracións locais da provincia contraten aos profesionais que se encargan de prestar atención de carácter persoal e doméstica ás persoas dependentes, para incrementar a súa autonomía persoal e calidade de vida e facilitarlles a permanencia no seu domicilio.

Balseiro afirmou que o SAF, xestionado polos concellos pero financiado nunha parte moi importante pola Xunta, é 2un dos recursos mellor valorados polas persoas con dependencia e o máis demandado pola poboación maior que necesita algún tipo de axuda, así como polas súas familias coidadoras”.

Nese sentido, o delegado lembrou que o Goberno galego prevé poñer en marcha un Plan de reforzo do servizo de axuda no fogar, que permitirá atender nos próximos meses a 2.100 persoas maiores dependentes máis por toda Galicia e crear preto de 670 postos de traballo no ámbito social.

Balseiro destacou o “o esforzo inversor da Xunta para poñer recursos á disposición dos nosos maiores e das persoas en situación de dependencia e as súas familias”, como as axudas para coidados na contorna familiar, o xantar na casa ou a teleasistencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo