A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu onte no Salón de Plenos a unha vintena de estudantes franceses, do Lycée Joseph Saverne, de L’Isle Jourdan, en Toulouse, que pasan estes días na cidade grazas a un programa de intercambio co IES lucense Nosa Señora dos Ollos Grandes.
A rexedora falou aos rapaces do que significa ser Alcaldesa e dos atractivos da cidade, convidándoos a ser embaixadores de Lugo e a volver de visita ou para realizar a súa vida profesional. Ao encontro asistiron profesores do centro educativo francés e do lucense.