A Alcaldesa recibe no Concello a estudiantes franceses de intercambio co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu onte no Salón de Plenos a unha vintena de estudantes franceses, do Lycée Joseph Saverne, de L’Isle Jourdan, en Toulouse, que pasan estes días na cidade grazas a un programa de intercambio co IES lucense Nosa Señora dos Ollos Grandes.

A rexedora falou aos rapaces do que significa ser Alcaldesa e dos atractivos da cidade, convidándoos a ser embaixadores de Lugo e a volver de visita ou para realizar a súa vida profesional. Ao encontro asistiron profesores do centro educativo francés e do lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com