Os Codex Cinema estrean este venres os filmes: “A BOA FILLA” e “ESPELLOS Nº3”.
“A BOA FILLA”, dirixida por Julia de Paz ofrece con moita sensibilidade un retrato aterrador sobre a violencia vicaria.
Sinopse: tras a separación dos seus pais, Carmela e a súa nai múdanse á casa da avoa. Mentres trata de adaptarse á súa nova situación, Carmela anhela pasar máis tempo na casa do seu pai, un artista plástico a quen idolatra e admira.
A outra estrea da semana é “ESPELLOS Nº3”, o último filme de Christian Petzold.
Sinopse: unha moza estudante de música ten un accidente automobilístico no que morre o seu noivo. Milagrosamente sobrevive e é acollida por unha estraña familia. Despois de pasar un tempo con eles, atopa consolo e apoio para recuperarse pero decátase de que algo non funciona ben nesa familia; entón comeza a preguntarse quen son realmente e que escuros secretos agochan.






