Os cines Codex estrean este venres os filmes “A boa filla” e “Espellos nº3”

Os Codex Cinema estrean este venres os filmes: “A BOA FILLA” e  “ESPELLOS Nº3”.

“A BOA FILLA”,  dirixida por Julia de Paz ofrece con moita sensibilidade un retrato aterrador sobre a violencia vicaria.

 Sinopse: tras a separación dos seus pais, Carmela e a súa nai múdanse á casa da avoa. Mentres trata de adaptarse á súa nova situación, Carmela anhela pasar máis tempo na casa do seu pai, un artista plástico a quen idolatra e admira.

A outra estrea da semana é  “ESPELLOS Nº3”, o último filme de Christian Petzold.

Sinopse: unha moza estudante de música ten un accidente automobilístico no que morre o seu noivo. Milagrosamente sobrevive e é acollida por unha estraña familia. Despois de pasar un tempo con eles, atopa consolo e apoio para recuperarse pero decátase de que algo non funciona ben nesa familia; entón comeza a preguntarse quen son realmente e que escuros secretos agochan.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com