A Alcaldesa de Guitiriz inicia o proxecto para rehabilitar 5 núcleos rurais

A Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, levou ao último pleno o estudo previo realizado polo Concello para poder iniciar o proxecto de rehabilitación de 5 núcleos rurais das parroquias de O Buriz e os Vilares. Trátase dun proxecto impulsado polo Goberno Socialista co obxectivo de acondicionar e poñer en valor esta zona rural ao tempo que se busca asentar poboación.

Regina Polín destacou que “esta iniciativa enmárcase dentro da decidida aposta por dinamizar o rural, mellorando a calidade de vida das persoas, recuperando espazos público-privados e o noso compromiso por manter poboación e que veciños doutros Concellos decídanse a vivir en Guitiriz porque temos todos os servizos necesarios. Neste eido, rehabilitamos as antigas escolas de Vecín e O Buriz, que estaban inutilizadas e nas que na actualidade viven veciños  do Concello”.

“Guitiriz leva 4 anos mantendo a súa poboación, superando sempre os 5.500 veciños. Ese é o noso deber e por iso seguiremos traballando. É fundamental este proxecto a medio e longo prazo para que serva parar o despoboamento demográfico que sufrimos na provincia e axude a dinamizar a economía do rural”, aclarou Polín.

A rexedora socialista informou que a zona que o Concello quere rehabilitar afecta a 5 núcleos rurais de Guitiriz: Carelo, Buriz, As Reixas, Vilariño e Drada, no entorno onde está situada a Casa de Díaz Castro, e que comprenden máis de 460.000 m2, onde están construídas máis de 100 vivendas. “Nesta demarcación viven máis de 1.000 persoas ás que queremos facer partícipes deste proxecto. Para iso imos manter encontros con eles e explicarlles o beneficio que supón, que todos xuntos, traballemos pola declaración de ARI” subliñou Regina Polín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com