" />

A CIG reitéralle a Alcoa que retire a súa proposta de peche e demanda aos gobernos celeridade na aprobación de medidas

Na reunión da mesa multilateral que tivo lugar onte a tarde, a CIG reiteroulle unha vez máis a Alcoa que “retire a súa proposta de despedimentos e peche da fábrica de aluminio e aos Gobernos español e galego celeridade na aprobación de medidas para crear unha tarifa industrial competitiva”. En calquera caso, a CIG insiste “na necesidade de adoptar medidas lexislativas para evitar unha resolución en negativo do conflito, que pasan en primeiro termo pola recuperación a autorización previa dos ERE e pór en marcha os mecanismos para a intervención pública do complexo de San Cibrao”.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, lembrou que “os sectores do aluminio e enerxético son estratéxicos para Galiza e que, de existir vontade, pódense atopar solucións para salvar tanto os empregos como para garantir as capacidades produtivas do complexo de San Cibrao”. Neste senso, reclamou de Alcoa que “aclare se acepta a mesa multilateral como o marco onde traballar na resolución das causas motivan o seu plan de recortes e volveulle solicitar que paralice a súa proposta”. “É incompatíbel estar nesta mesa e que Alcoa vaia consumando as fases que pretende levar a cabo con carácter definitivo”.

Por outra banda, Carril demandou dos Gobernos español e galego “certezas e un calendario definitivo, preciso e detallado, do estatuto electrointensivo e das medidas complementarias que permitan crear un marco enerxético competitivo, estábel e predicíbel”. E, nesta liña, “que se clarifique dunha vez que prezo final vai ter a enerxía”.

En canto á Xunta, o secretario xeral da CIG pediulle ao conselleiro de Industria que “indique que medidas concretas e que posibilidade de acción ten no ámbito das súas competencias para evitar esta golpe ao emprego e ao noso tecido produtivo”.

Ao requirimento da CIG, Alcoa contestou cunha negativa a retirar a súa proposta, indicando que “non ve resolución posíbel e rexeitando a venda total ou parcial do complexo como saída factíbel”. Diante desta escasa vontade por parte da empresa a buscar solucións de futuro, a CIG insiste “na intervención pública como vía para garantir os postos de traballo e a continuidade da produción do aluminio no noso país”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Antonio Fernandez
    Xuñ 10, 2020 - 09:16 PM

    Esto es una tomadura de pelo a los empleados que lo solucionen de una vez que ellos pueden.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo