" />

A Deputación renova a o servizo gratuíto de asesoramento sociolaboral a persoas sen recursos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez, asinaron na renovación do convenio a través do cal a institución provincial achega a esta entidade 25.000 euros, unha aportación económica que fai posible o mantemento do servizo gratuíto de información e asesoramento sociolaboral a veciños e veciñas da provincia en situación de vulnerabilidade e con escasos recursos que foi activado en marzo do pasado ano grazas ao apoio da Deputación. Ao acto de sinatura do convenio tamén asistiu o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

Desta prestación, a cargo dun equipo de 92 profesionais do Colexio de Graduados Sociais, beneficiáronse 64 persoas ao longo do ano pasado.

O Presidente da Deputación destacou que este servizo profesional de orientación en materia sociolaboral contribúe “de maneira importante á xustiza social e á igualdade de oportunidades”, valores “cos que nesta institución estamos firmemente comprometidos e que intentamos favorecer de maneira transversal en todas as accións do Goberno, e máis agora cando nos enfrontamos a unha crise económica provocada pola pandemia sanitaria. Queremos que ninguén se quede atrás”.

Funcionamento

O Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo traballa de forma coordinada cos departamentos de Servizos Sociais de todos os concellos da provincia que lle trasladan a esta entidade as diferentes consultas dos usuarios.

As persoas interesadas en empregar este servizo poden solicitar unha cita previa expoñendo o motivo da consulta e a zona da provincia cubrindo o formulario colgado na páxina web deste entidade –https://graduadossocialeslugo.com/-. Posteriormente establecerase unha data para a reunión na sede do Colexio ou nas diferentes oficinas habilitadas en cada partido xudicial.

Entre as cuestións que se poden consultar figuran xestións relacionadas con estranxeiría, prestacións da Seguridade Social, xubilacións, viudedade, orfandade, pensións non contributivas, reclamacións salariais, dereitos ou deberes na relación laboral, entre outras cuestións xurídico-administrativas.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Ago 03, 2020 - 04:10 PM

    Vintecinco mil euros, para a buchaca. Esto é primordial e importamntisimo.
    Seguen sin querer enterarse da realidade da xente.
    Ah! Na a foto é na prensa saen moi ben

    Reply
  2. Avatar
    Mari Dominguez
    Ago 03, 2020 - 12:52 PM

    Cartos tirados.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo