A Directora de Turismo e o Vicepresidente da Deputación visitan as pallozas de Piornedo

Nava Castro, Directora de Turismo da Xunta, o Vicepresidente da Deputación José Antonio García López e o concelleiro do PP de Cervantes José López visitaron hoxe as pallozas de Piornedo tras a execución dos traballos de rehabilitación dos teitos destas edificacións.

Turismo de Galicia adquiriu o compromiso de realizar os traballos necesarios para o acondicionamento deste ben singular de gran atractivo turístico da provincia no acordo de colaboración asinado coa Deputación de Lugo. As actuacións realizadas foron, por unha banda, o  reteite das pallozas e por outra, a dotación dos servizos de saneamento e iluminación para os veciños e veciñas de Piornedo.

Ante a insuficiencia de prazo para executar ás obras de rehabilitación dentro das datas inicialmente sinaladas neste convenio, tívose que ampliar o prazo de vixencia a través de dúas addendas neste ano.

As pallozas de Piornedo ubicanse nun enclave natural como é a serra de Os Ancares que conta coa consideración de Lugar de Importancia Comunitaria na Rede Natura 2000, tanto polo seu interese xeolóxico, como pola súa consideración de gran reserva verde de Galicia. Esta comarca tamén ten a consideración de Reserva da Biosfera e está declarada ZEPA e Reserva Nacional de Caza, así como Zona de Especial Protección do Oso Pardo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com