A obra “Afogada”, de Rocío Leira, gañadora XXII Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”

área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua deu a coñecer no día de hoxe o fallo do xurado da XXII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole”. A edil de Cultura, informou que “debido á situación sanitaria, a xuntanza do xurado tivo que pospoñerse e realizarse de maneira telemática”.A obra Afogada, da ceense Rocío Leira, foi a escollida polo xurado nesta edición.

O xurado estivo formado por Ánxela Gracián, tradutora, escritora e editora, Manuel Bragado Rodríguez, ensaísta, crítico e editor como representante de Edicións Xerais de Galiza e Xosé Antonio Neira Cruz, escritor, xestor cultural, tradutor, editor, guionista e xornalista, gañador da pasada edición deste certame. As tres integrantes do xurado destacaron “a calidade das voces narrativas presentadas, e a orixinalidade e dificultade da estrutura proposta pola autora”.

Edicións Xerais de Galiza publicará a novela, da que destacan “a súa excelencia como novela de intriga, tanto pola súa estrutura formal, dende a utilización da multiperspectiva, a diversidade de tipoloxía textual e a polifonía de voces narradoras, así como a riqueza temática que expresa”. Rocío Leira recibirá tamén un premio de 4.000€.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com