A plataforma #ColeSeguro colabora na analise da Covid-19 nos colexios

Que este curso a volta ás clases lévese a cabo de forma segura é dunha enorme relevancia para garantir o acceso á educación para todas as nenas e nenos nas mellores condicións posibles, sen deixar a ninguén atrás” sinalou Ricardo Ibarra, Director da Plataforma de Infancia. Tamén o presidente da POI en Galicia, Xesús Vilas afirma que “para non xerar máis desigualdade é fundamental que se faga todo o posible para garantir unha educación presencial e poñer todas as medidas que convertan os colexios en ambientes seguros”.

O covid-19 e as medidas do confinamento incrementaron a xa existente desigualdade na educación. “España situábase antes da pandemia como o país coa taxa máis alta de abandono escolar da Unión Europea; é clave que se impulsen iniciativas que busquen a redución deste fenda e que eviten que os sistema educativo sexa unha vítima máis desta situación”, comentan.

O proxecto #ColeSeguro pretende realizar unha tripla análise: das políticas públicas adoptadas polas administracións competentes, dos recursos públicos destinados a garantir que o sector educativo responde ás novas necesidades impostas polo COVID-19, e das medidas implementadas efectivamente polos colexios.

Así esta información será recompilada a través de consultas á dirección dos centros, a asociacións de pais e nais, ao alumnado e tamén a sindicatos de profesorado. Ademais, recollerá as opinións da cidadanía a través dunha enquisa que mide a percepción de seguridade fronte ao COVID-19 nas aulas, que se pode encher en www.coleseguro.es

A información solicitada, analizada e xerada no proxecto será xeolocalizada e posta ao dispor da cidadanía a través da web na mesma web.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com