A Policía Local formula 253 denuncias por exceso de velocidade nas rúas da cidade

A Policía Local de Lugo está a realizar dispositivos sobre a vixilancia e control da velocidade, utilizando vehículo policial dotado de  cinemómetro, co obxectivo é vixiar e garantir o cumprimento dos límites de velocidade nas rúas da cidade e concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade do vehículo á establecida na vía.

A Policía Local de Lugo LEMBRA que o exceso de velocidade incide desfavorablemente na seguridade viaria e ten un impacto negativo sobre os usuarios máis vulnerables da vía, como peóns e ciclistas. Unha velocidade inadecuada ou excesiva é determinante tanto para a incidencia dos accidentes como para a gravidade das lesións.

O obxectivo final destes dispositivos é a Reducción da siniestrabilidade viaria. Para iso realízanse naquelas vías onde se detecta incremento de accidentes ou nas que se denuncian altas velocidades ou competicións de velocidade, etc.

Na primeira metade desta semana controláronse 4.906 vehículos, formulándose 253 denuncias, das que 28 levan aparellada a perda de 2 a 6 puntos do permiso de conducir. A velocidade máis alta detectada foi de 108 km/ h nunha vía limitada a 50 km/ h, o que conleva 600 euros de sanción e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.

Asemade,  no transcurso destes controis detectouse que o condutor dun vehículo presentaba signos de embriaguez polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,76 mg/ l (triplo do permitido), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria para o Xulgado de Garda, quedando o vehículo inmovilizado.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Gloria Carrete
    Xuñ 11, 2020 - 03:17 PM

    Avenida das Américas , pasan como valas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com