A provincia bate record de infeccións activas na última xornada superando os 1400 infectados por coronavirus

Día de récords na provincia, pero récord malos, dos de non lembrar. E é que a Covid nesta tercera vaga está a acadar na nosa provincia cifras que rondan as máximas de vagas anteriores e, nalgún caso, as supera. Así, tras dúas xornadas nas que as deteccións de virus por probas diagnósticas superaban escasamente os 100 casos diarios na provincia, hoxe o SERGAS informa que, durante a xornada de onte, se detectaron un total de 151 infeccións novas en tan só 24 horas. Unha cifra moi cercana a máxima histórica da provincia, situada nos 178 contaxios, que se deu o pasado 19 de novembro, en plena segunda vaga.

O que sí chega ao seu máximo histórico é a cifra de infeccións activas. Ata as 6 da tarde de onte, último reconto feito polo Servizo de Saúde de Galicia, había 1.449 casos activos.

En canto á presión hospitalaria, malia o gran aumento de casos, non varía moito as cifras de xornadas anteriores. Unha baixada ata as 36 persoas ingresadas en planta e unha lixeira suba dunha persoa máis, 10 en total, que se atopan na UCI do HULA que comeza a chegar aos seus límites con casos covid. 

Por hospitais, nas plantas de hospitalizacións se contabilizan 18 pacientes covid no HUla, un menos que no día de onte, 16 no centro da Mariña, dous menos que na xornada anteriore e Monforte continúa co mesmo número de casos, cifrados en 2 pacientes covid en planta.

Nesta última xornada, asemade, non hai que lamentar falecementos.

En canto á lista de concellos que superan a incidencia acumulada de 500 casos por cada 100 mil habitantes diagnosticados nos últimos 14 días, continúa a aumentar. Así este venres entran neste máximo nivel de incidencia acumulada Monforte, Burela, Sarria e Ribas de Sil, que, este último, supera tamén o millar de casos por cada cen mil habitantes. 

Os demáis municipios desta lista xa entraron en xornadas anteriores,  por orde de incidencia de maior a menor, atópanse Xove, A Pastoriza, Viveiro, O Vicedo, Quiroga, Palas de Rei, Bóveda, Vilalba, Láncara e Cervo. 

Nos vindeiros días poderían entrar outros que se achegan perigosamente aos 500 casos por cada cen mil habitantes. Trátase de Pantón, O Saviñao e Chantada. 

Á vista dos datos, o presidente do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, xa advertiu no día de onte que, ante o empeoramento, moitos municipios poderán pasar na vindeira semana á situación de restriccións especiais nas que xa se atopa, entre outros, o Concello de Viveiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com