" />

A rehabilitación do soto da Praza de Abastos comezará o xoves 18

O Concello de Lugo informou do inicio dos traballos de rehabilitación do soto da Praza de Abastos, que terá lugar o vindeiro xoves 18. A edil de Participación explicou que “esta rehabilitación permitirá completar a renovación da Praza de Abastos, que se unirá á peonalización de Quiroga Ballesteros para que a veciñanza de Lugo conte cunha zona emblemática da cidade completamente renovada”, e engadiu  ”buscamos unha Praza de Abastos na que todas as veciñas e veciños poidan ir facer as súas compras nun entorno amable e accesible”.

A rehabilitación do soto foi contratada por 586.625€, e un prazo de execución de 75 días. O proxecto inclúe a renovación de instalacións e servizos, como electricidade, auga, telecomunicacións e calefacción, ademais de mellorar a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. A concelleira explicou que “as obras de peonalización de Quiroga Ballesteros e a rehabilitación do soto da Praza vanse executar de xeito coordinado para para garantir en todo momento os accesos á praza e os espazos de carga e descarga, tratando de reducir as molestias ao mínimo para a veciñanza e os postos”

Desde a área de Participación habilitaron, ademáis, unha carpa na Praza da Soidade, na que a partir do venres 19 se colocarán as distintas vendedoras do Mercado Tradicional, que ten lugar nas mañás dos martes e dos venres, entre as 8:30 e as 14:30 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo