" />

A residencia das Gándaras celebra o seu 40 aniversario cun concerto do Coro do Hospital de Lugo

As persoas usuarias da residencia das Gándaras desfrutaron hoxe dun concerto do Coro do Hospital de Lugo dentro dos actos para conmemorar o 40 aniversario do centro. A actuación desenvolveuse nas instalacións exteriores aproveitando o bo tempo.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañaron esta mañá os residentes e traballadores e celebraron que se poidan recuperar este tipo de actividades, que foran suspendidas por mor da pandemia e que contribúen a manter o ánimo e a vitalidade das persoas que alí viven.

Ambos responsables autonómicos apuntaron o importante labor que realiza o centro das Gándaras, que ofrece 218 prazas públicas na cidade de Lugo tanto para persoas autónomas como para dependentes.

Tamén destacaron que a Consellería de Política Social e Xuventude vai executar unha reforma integral das instalacións co fin de optimizalas e adecualas ás bases do novo modelo de residencias, para o que reserva 1,7 millóns de euros nos orzamentos deste ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo