" />

A subdelegada do Goberno anima aos alcaldes da provincia a integrarse no Sistema Viogen

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, animou hoxe a todos os Concellos da provincia de Lugo a integrarse no Sistema de Seguemento Integral de Violencia de Xénero (VIOGEN) nunha carta que remitiu aos 67 rexedores municipais.

Na misiva, Isabel Rodríguez dá conta aos alcaldes da recente aprobación do Real Decreto-Lei de medidas urxentes para o desenvolvemento do pacto de estado contra a violencia de xénero, que fai realidade, explica a subdelegada, “unha vella demanda a nivel local que o Goberno do Estado acaba de levar a efecto, dita modificación devolve aos concellos as competencias en materia de igualdade e violencia contra a muller, fortalece a tutela xudicial, o acceso á xustiza e aos recursos de asistencia ás vítimas de xénero”.

A devolución de competencias na materia á Administración do Local, por ser a máis próximas ás vítimas, vai acompañada da transferencia de recursos económicos. A subdelegada do Goberno explica que “os fondos destinados aos programas dirixidos a erradicar a violencia de xénero para os Concellos (20 millóns de euros no presente exercizo e 40 millóns de euros en 2019), distribuiranse vía transferencia finalista e directa, ou a través doutras Entidades Locais”.

Na provincia de Lugo rexistrábanse, a mediados deste mes, 466 casos de violencia de xénero activos, 251 deles con un nivel de risco non apreciado, 181 de risco baixo, 32 catalogados como risco medio, 2 de risco alto e ningún considerado de risco extremo.

Os 67 concellos recibirán máis de 106.000 euros e no exercizo de 2019 vanse superar os 212.000 euros. A esa cifra engadirase o remanente que recibirán os que se integren no programa Viogen

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo