A subdelegada do Goberno recibe ao novo comisario da Policía Nacional

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, recibiu hoxe ao novo comisario do Corpo Nacional de Policía na provincia de Lugo, José María Esteban Corral. Ademais de darlle a benvida e desexarlle moitos éxitos no cargo, a subdelegada pediulle o máximo compromiso para garantir a seguridade dos lucenses.

A subdelegada destacou que “a brillante traxectoria profesional do novo comisario é unha garantía para todos os lucenses e o seu traballo suporá un importante respaldo para os membros do Corpo Nacional de Policía que desempeñan un labor moi valioso pois teñen encomendada a importante misión de defender a seguridade cidadá na nosa provincia”.

José María Esteban Corral, que ata o seu nomeamento era xefe da comisaría de Policía de Avilés, sustitúe no cargo a fronte da Policía Nacional na provincia de Lugo a Antonio Villamarín, que se xubilou no mes de decembro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com