A Xunta aproba a retrocesión para crear no Antigo Xeral unha oficina de emprego

A Xunta volveu a aprobar onte o trámite imprescindible para crear no pavillón do Antigo Xeral, no que fora a Escola de Enfermaría, unha oficina de emprego. Segundo informaba onte o executivo autonómico, o Consello autorizou a retrocesión deste pavillón despois de que o trámite fose acordado a pasada semana entre representantes da Consellería de Facenda e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, que é a administración propietaria deste inmoble. A Xunta lembrou, ademáis, que todavía está a espera da licenza municipal para facer o centro integral de saúde no antigo Materno.

Neste senso, o goberno local advertiu hoxe que este trámite necesario da retrocesión, xa o dera o Consello da Xunta, o 8 de marzo do ano pasado, ademais coa mesma fórmula da retrocesión, e “anulouno en maio, sen facelo público, o día da moción de censura a Rajoy”.

Así, segundo os socialistas de Lugo, o acordo adoptado pola Xunta onte “dá a razón ao Concello” cando en outubro pasado denunciou a paralización polo Goberno de Feijóo do procedemento imprescindible para dotar de usos non sanitarios ao Xeral, e retrata ao PP, pois, ao reactivar o trámite utilizando a mesma fórmula da retrocesión dos terreos, demóstrase que retardou intencionadamente o proxecto e mentiu para tratar de xustificalo.

De feito, cando a Alcaldesa advertiu da manobra de dilación, o PP deu ata tres versións distintas dos motivos, “todas falsas”, como queda agora á luz: dende que habería que buscar a fórmula máis axeitada para a ampliación dos usos dos terreos –versión dada por Feijóo- ata que se axilizarían e simplificarían os trámites, un argumento que ofreceu o Conselleiro de Facenda no Parlamento, co cal, “mentiu na Cámara representativa de todos os galegos”.

Segundo o goberno local, coa reactivación dos trámites tamén queda demostrada a total disposición do Goberno central do PSOE de axilizar os pasos necesarios para a revitalización do barrio, “fronte a actitude obstruccionista que mantivo o Executivo do PP durante 7 anos, sempre coa complicidade do partido a nivel local e do hoxe candidato popular a Alcaldía, entón na subdelegación do Goberno”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com