A Xunta convoca axudas para proxectos de enerxías renovables de particulares

Coincidindo co  Día da Eficiencia Enerxética, que se conmemora mañá, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliñou que esta semana se están abrindo liñas de axudas, valoradas en 4,5 millóns de euros, para que as familias poidan impulsar proxectos vinculados ás renovables.

Estes novos apoios contemplan proxectos pertencentes aos eidos da biomasa, a enerxía solar fotovoltaica, a xeotermia, a solar térmica e a aerotermia. De momento, xa se esgotou o crédito para as solicitudes de biomasa e fotovoltaica.

Estas medidas coinciden coa publicación hoxe no DOG dos mecanismos que permiten a posta en marcha do rexistro do autoconsumo, que regula tanto o procedemento de comunicación de instalacións de autoconsumo conectadas en baixa tensión e potencia instalada menor de 100kW, como o procedemento de contestación das empresas distribuidoras. Estes procedementos contarán cunha xornada explicativa dirixida a distribuidoras e profesionais do sector, que se celebrará mañá no edificio administrativo de San Caetano.

O titular de Economía, Emprego e Industria subliñou o “compromiso da Administración coas enerxías renovables, apelando ao tecido industrial para que adopten modelos que garantan tanto a súa competitividade como a súa sustentabilidade”.

Deste xeito, Conde apuntou aos beneficios que supón apostar pola eficiencia enerxética, incluíndo melloras no rendemento industrial, aumento da renda nas familias e a preservación do medio ambiente, sinalando tamén que Galicia é un referente a nivel europeo, cun consumo final de enerxía renovable do 37,2%, por riba dos obxectivos marcados pola UE na denominada Axenda 2030.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com