" />
11,00 h.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, manterá un encontro con representantes do Grupo Liberty House. Na sala de Xuntas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (edificio administrativo de San Caetano, 4º andar). foto xoán crespo 03/08/2020

A Xunta pide ao Goberno e a Alcoa que se sumen a solución para a continuidade da planta

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, mantivo un encontro esta mañá con representantes
de Liberty House, grupo interesado na compra de Alcoa San Cibrao, tras o que pediu ao Goberno e a Alcoa que se sumen á senda do acordo para permitir darlle unha solución á planta da Mariña.
O conselleiro explicou que, tras a reunión, constátase que hai unha posible solución e un plan industrial para Alcoa que permite darlle continuidade á planta de produción de aluminio primario e aos mil empregos que dela dependen.
Por iso, a raíz de coñecer esta nova proposta, Conde reclamou ao Goberno que retome de xeito inmediato a mesa multilateral para constatar as necesidades do plan industrial, necesidades que están vinculadas á un marco enerxético estable: “Necesitamos o
compromiso efectivo do Goberno a través dun marco eléctrico que dea viabilidade á planta”, asegurou.
En canto a Alcoa, Conde reiterou a súa petición para que a empresa retire o ERE, outorgando o tempo necesario para facer efectiva esta operación de compra-venda: “Volveremos facer unha advertencia para que, á luz da información e do plan industrial trasladados por Liberty House, Alcoa retire o ERE e se aveña a unha solución ordenada e a unha solución industrial que garanta o mantemento do emprego”, finalizou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo