A xustiza dá a razón á Deputación de Lugo ao desestimar o recurso do Concello de Paradela

A Xustiza dá a razón á Deputación de Lugo ao desestimar o recurso contencioso-administrativo presentado polo Concello de Paradela, que prentendia que o organismo provincial asumise a titularidade da estrada de acceso a San Facundo e o indemnizara polos  supostos danos sufridos nun camiño municipal.

O pasado ano, o organismo provincial víase na obriga de acondicionar esta estrada, que comunica Loio co Mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño, para retirar o material procedente dun derrubamento, logo de agardar seis meses sen que o Concello solucionase o problema. Este desprendemento afectaba directamente a uns 70 veciños de Cabo de Vila e Adega das Penas, que tiñan que dar un rodeo duns 5 quilómetros para os seus desprazamentos habituais. Ante a inactividade do Concello e para evitar maiores prexuízos aos veciños, a Deputación fíxose cargo destes traballos con medios propios.

Agora, o Xulgado nº2 do Contencioso-administrativo de Lugo desestima na súa totalidade as pretensións do Concello, e rexeita que o organismo provincial teña que indemnizalo en modo algún polos supostos danos nesta corredoira municipal, á que a propia sentenza non outorga categoría de estrada, e pola que non é posible a circulación de vehículos.

A resolución xudicial confirma que a estrada construída pola Deputación de Lugo para permitir os desprazamentos dos veciños constitúe unha mellora evidente na calidade de vida dos veciños de Paradela. O Xulgado tamén condena ao Consistorio a abonar as custas xudiciais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com