A XXXVII Semana de Cine de Autor celebrarase do 21 ao 27 de setembro

Durante a semana do 21 ao 27 de setembro vaise celebrar a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo,  a mostra proxectará  máis de duascentas horas de cine de todo o mundo, incluíndo películas realizadas en Galicia e en Lugo.

Dentro do noso cine, o galego, está a cinta titulada “A Tropa de trapo na selva do arco da vella” da que a súa produtora explicará o proceso creativo. En canto o apartado de Homenaxes, renderase unha merecida homenaxe a Mercedes Cora (cubana de nacemento pero con raíces en Castroverde) que participou en once películas e morreu en Madrid en 1986.

E dentro do cine de Lugo emitirase “La vieja música”, película rodada en Lugo e que xira arredor do C.B.Breogán que se filmou hai 30 anos. O filme foi dixitalizado, polo que os espectadores que volvan ver esta película poderán apreciar a calidade das imaxes despois deste proceso de dixitalización.

O Presidente de Fonmiñá Xulio Xiz, declarou que “Se en todas as “Semanas” procuramos avanzar por novos camiños na procura de mellorar o noso (voso) festival, este ano coidamos facelo dun xeito especial, por recoller os froitos da colaboración da Semana de Cine con Click For Festival, pola que recibimos máis de catrocentas películas de todo o mundo, de diversos xéneros e metraxes, nun abano de posibilidades para programar cine de países distintos e distantes do noso. Son máis de duascentas horas de cine de todo mundo, das que só puidemos seleccionar un total de 88 producións, incluíndo naturalmente películas realizadas en Galicia e Lugo, dentro da nosa vocación de difundir de xeito especial o que nos é máis propio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com