ABANCA e a CEL formalizan un novo convenio para o desenvolvemento do tecido empresarial lucense

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Abanca formalizaron hoxe un novo convenio de colaboración para apoiar o desenvolvemento do tecido empresarial lucense, en virtude do cal, entre outros, as empresas asociadas á CEL terán acceso a diferentes servizos e produtos financeiros de Abanca en condicións vantaxosas.

O acto de firma tivo lugar na sede central da CEL coa presenza de Walter Álvarez, director territorial de Abanca en Lugo e Jaime López, secretario xeral da CEL.

O novo convenio asinado entre ABANCA e CEL facilita que os empresarios e emprendedores de Lugo atendidos pola organización empresarial lucense accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.

O documento asinado tamén pon a disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos da entidade como Crediventa ou Compras especiais (que permite un financiamento flexible con calquera tarxeta de crédito), para dinamizar a actividade mercantil e facilitar o crédito aos clientes dos asociados. Os profesionais pertencentes a CEL tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV).

O convenio tamén facilita o acceso ao financiamento do Plan Activamos, asinado coa Deputación de Lugo, e que permite atender necesidades de investimento cunhas condicións económicas moi competitivas. Este plan contribúe ao desenvolvemento económico e social de Galicia e conta con cinco modalidades: préstamo emprendedores, préstamo novos investimentos, préstamo para a mellora da eficiencia enerxética, póliza de crédito para creación de emprego e póliza de crédito avante para circulante.

Como novidade, este convenio inclúe a adhesión ao Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite a autónomos e micro pemes gozar de a exención das comisións da conta, tarxetas e servizos máis usuais a cambio dunha mínima vinculación coa entidade.

A entidade financeira e a Confederación presentaron tamén a primeira edición dos Premios CEL-ABANCA, nacidos coa intención de impulsar e dinamizar a cultura emprendedora e o tecido empresarial en Lugo, recoñecerán anualmente os mellores proxectos da provincia.

Este galardón complementarase co apoio do banco con sede en Galicia aos proxectos que desenvolve a CEL a través dos seus servizos técnicos en materia de asesoría e acompañamento ao emprendedor para a posta en marcha do seu negocio ou a internacionalización.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com