" />

Aberto o “carril bici” do Rato

O carril para bicicletas no Paseo do río Rato, unha nova dotación de lecer e deportiva de 2,5 quilómetros de lonxitude abriuse esta mañá ao público. Consta dunha tarima de 2,5 metros de ancho e ao longo de todo o percorrido está habilitado un pasamáns de seguridade de madeira de 90 centímetros.

O presidente da Deputación declarou que “Fomentar o uso da bicicleta, apostar por novas fórmulas de mobilidade, incentivar o respecto entre ciclistas e peóns son xeitos de facer cidade e de facerprovincia”.

A Alcaldesa de Lugo, pola súa banda, agradeceu a colaboración da Deputación “deixando a súa impronta neste novo modelo de cidade, dando exemplo de sinerxías nas que as administracións camiñamos cara un fin común”.

No acto de apertura do “carril bici” participaron ciclistas pertencentes a clubs da cidade de Lugo, quen foron os primeiros que pisaron coas súas bicicletas este novo itinerario adaptado para este tipo de vehículos. Deputación e Concello entregáronlles un obsequio institucional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo