Aberto o prazo para a solicitude de prazas nas escolas infantis do Concello

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Esther Muñóz, anunciaron esta mañá a apertura do prazo para solicitar as prazas para as escolas municipais infantís, de cara o curso 2015-2016. ESther Muñoz explicou que ” para o novo curso hai un total de 238 prazas das que 142 son para novas adxudicacións e 84 para matriculas anteriores ademáis de que sempre quedan 12 prazas para emerxencias sociais”. Ademais  informou que “agardamos que saia publicado no BOP mañá martes 3 de marzo polo que o prazo de solictudes abrirase o mércores 4 e remata en 20 días naturais”.

Para solicitar ditas prazas hai que cubrir unha solicitude e aportar unha serie de documentación que se especifica na devandita solicitude, na que se inclúe tamén a opción de solicitar o cheque infantil da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Esther Muñóz:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com