Accidente entre dous camións, un deles con material explosivo, en Folgoso do Courel

O condutor do camión de explosivos precisou asistencia sanitaria. Pola contra, o condutor do outro camión, de transporte de alimentación, resultou ileso.

Asemade a Xunta de Galicia activou o Plan Transgal (Plan Especial de Protección Civil fronte a emerxencias por accidentes no transporte de mercadorías perigosas). O motivo da activación deste Plan foi a colisión entre dous camións que circulaban pola LU-651, á altura de Vilamor, no concello lucense de Folgoso do Courel, onde un dos vehículos, o de transporte de alimentación, caeu por un terraplén resultando ileso o seu condutor.

Segundo informou o persoal da empresa á que pertence o camión de explosivos sinistrado, a carga non sufriu danos, polo que, a situación está totalmente controlada.

Tras poñer en marcha o dispositivo de intervención, nada mais recibir a chamada dun particular sobre as 11:00 horas, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Monforte e aos membros do GES da localidade. Así mesmo, foron informados os Bombeiros de Valdeorras e os efectivos de Protección Civil.

Unha vez controlada a situación, os axentes de Tráfico indicaron que o único ferido desprazouse polos seus propios medios ata o Centro de Saúde da localidade, así como,  tamén os Bombeiros informaron que, en ningún momento, foi preciso interromper a circulación en dita estrada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com