AELU reivindica o papel das empresarias coa organización do I Premio Son Muller

A Asociación de Empresarias de Lugo (AELU) reivindicou esta mañá o papel das empresarias lucenses coa creación e organización do primeiro Premios Son Muller 2018. Un galardón para as mulleres emprendedoras e empresarias, que ten como obxectivo promover e potenciar a participación da muller no entorno económico e social lucense.

Na presentación deste premio, estiveron presentes a deputada de Benestar Social e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo e a concelleira do mesmo eido no Concello de Lugo, Ana González Abelleira, ambas en representación a cadansúa entidade como colaboradoras neste evente cunha achega económica de 4.600 euros. Ademáis, no acto estivo tamén o representante de Abanca, Óscar Salgado.

Esta primeira edición dos Premios Son Muller que organiza AELU ten como obxectivo promover e potenciar a participación da muller no entorno económico e social lucense. Este certame está destinado a emprendedoras e empresarias da provincia de Lugo, que teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia de Lugo e estean dadas de alta como autónoma ou ser parte dunha sociedade empresarial. No caso de concorrer como empresa e esta conte con máis dun socio será necesario que polo menos o 51% do capital social o ostenten mulleres. Ademais todas as participantes deberán estar ao día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en participar nos Premios Son Muller poden inscribirse en www.empresariaslugo.org a partir de mañá e ata o 1 de marzo. Toda as bases e información sobre o certame atoparanse en dita páxina web e no 982 22 69 91.

Estes galardóns contarán con 3 categorías.  Empresaria rural, na que se premiará proxectos de mulleres en Concellos rurais baseados en actividades agrarias e complementarias, así como actuacións que recoñezan a súa labor no medio rural. Neste premio valorarase a experiencia empresarial, os plans de conciliación de vida persoal e profesional, a creación de emprego feminino, o fomento da igualdade, a creatividade e innovación, así como o proxecto empresarial que fomente o empoderamento do rural galego.

Empresaria, é a categoría de todas aquelas mulleres que realizan actividade dende hai máis de 42 meses dentro do sector rural. Valoráranse positivamente os currículos con ampla experiencia empresarial, os plans de conciliación de vida persoal e profesional, a creación de emprego feminino, o fomento da igualdade, a creatividade e innovación do mesmo.

E, por último, a categoría de Emprendedora acolle proxectos empresariais non superiores aos 42 meses. Teranse en conta con espírito emprendedor, a creatividade e innovación, o grado de definición do produto ou servizo, a creación de emprego feminino, así como a orixinalidade no sector.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com